A aldea está situada na paisaxe da carballeira de Xesta e o val do río Oitavén, con abundancia de augas bravas e de flora e fauna. Un enclave idóneo para aventureiros, deportistas e amantes da naturaleza.
Nos cumes da “Serra do Suído” nacen varios ríos: Oitavén, Avia, Verduxo y Tea, que van formando numerosas freixas e pozas naturais de augas cristalinas e fondo rochoso. Unha paisaxe de media montaña onde se intercalan zonas de prados e as carballeiras de carballos, bidueiros e acivos.
Dende a aldea pódense facer varias rutas para disfrutar da natureza da serra: a Ruta da Freixa (PRG24), Ruta dos Chozos, Foxo do Lobo, e visitar as fervenzas de Liñares e Fírveda ou a plaia fluvial dos Prados.