Aldea do Portomartiño é o proxecto de recuperación dunha aldea tradicional na Serra do Suido, onde atopamos un entorno natural de grande valor ecolóxico e unha paisaxe auténtica.
Pensamos nun lugar perto do río Oitavén movidos polo sentimento de buscar a paisaxe autóctona, con posibilidades de practicar sendeirismo, ciclismo, kayak, etc., onde poder disfrutar da natureza e da tranquilidade que esta nos proporciona. Así atopamos este espectacular espazo da Galiza.
En Portomartiño os camiños de pedra que levan á serra ou á ribeira do río gardan máis de 300 anos de historia, que agora revivimos.